Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 21 de Agosto de 2018

Uxía canta a Manuel María no Multiúsos
Cultura • 2/06/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A programación organizada polo Servizo de Normalización Lingüística para celebrar as Letras Galegas chega ao seu remate cun esperado concerto este domingo a cargo de Uxía Senlle, quen presenta o traballo musical realizado pola cantante sobre poemas de Manuel María. A voz de Uxía estará acompañada neste concerto por unha banda integrada por: Sérgio Tannus (guitarra, viola caipira, coros e ambientes), Santi Cribeiro (acordeón e percusión), e Paulo Silva (percusións, cazú e ambientes).As entradas pódense adquirir no Multiúsos a un prezo de 5 € público en xeral, 3 € entrada reducida.


Un traballo musical que percorre os diversos camiños e temáticas poéticas do escritor, dende a amorosa e intimista, a paisaxística e popular, e a defensa da natureza e a lingua.


As novas composicións de Uxía, coa colaboración e os arranxos de Sérgio Tannus, mestúranse con adaptacións de temas doutros autores, algunhas tan emblemáticas e populares coma "O Carro" (popularizada por Fuxan os Ventos) ou o "Manual do Señorito", de María Manuela.


O concerto celebrarase o domingo 5 de xuño, ás 20.00 h, no auditorio da Xunqueira.


O prezo das entradas é 5 € (3 € entrada reducida), e pódense adquirir dende hoxe xoves no multiúsos da Xunqueira, e reservar a través do teléfono 986 402 865.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: