www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 15 de Outubro de 2018

A maquinaria da Deputación enfronta ao PP coa oposición en Redondela
Política • 1/06/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A voceira dos populares en Redondela, Carmen Amoedo, critica ao novo goberno bipartito da Deputación (PSOE-BNG) a quen acusa de paralizar "un parque de maquinaria moi custoso e que realizaba unha labor moi necesaria de apoio aos concellos da provincia". A oposición responde que o novo goberno acabou coa "Deputación caciquil de Louzán" que só enviaba es maquinaria aos concellos amigos.


Unha cuestión esta que chegaba ao pleno a través dunha moción dos populares na que denuncian a situación de parálise do parque de maquinaria do ente provincial dende que se producira o cambio de goberno. Por este motivo pedían o apoio do resto dos grupos para solicitar que se poña en marcha un plan de actuación que aproveite os recursos existentes e se apoien as necesidades dos concellos.


Unha petición que non atopou ningún apoio e si moitas críticas dirixidas ao goberno popular que durante anos e baixo a presidencia de Louzán dirixiu a Deputación. Así, dende o BNG aseguran que xa hai en marcha un "plan Móvese" que busca establecer criterios obxectivos e facilitar apoio dende a Deputación aos concellos que así o soliciten.


Tamén AER votaba en contra argumentando que é o momento de dar un voto de confianza a nova Deputación que dirixen PSOE e BNG.


Máis belixerante amosábase a voceira do PSOE, Digna Rivas, quen acusaba ao PP de presentar "a moción da mentira" e aseguraba que o parque de maquinaria "non está paralizado aínda que se produciron cambios ao non enviarse as máquinas exclusivamente a concellos do PP, senón que se empregan para arranxar estradas provinciais".


A moción dos populares foie rexeitada ao non acadr ningún apoio de entre os concelleiros da oposicións.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: