www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Outubro de 2018

Participación cidadá convoca ás asociacións para elaborar un plan de desenvolvemento rural
Política • 1/06/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Participación cidadá e Medio Ambiente convoca a todas as asociación de veciños, culturais, de montes e de calquera outro tipo de ámbito rural, a unha xuntanza que terá lugar este xoves ás 20:00 horas na Casa da Cultura. O obxectivo é que participen todos estes colectivos na elaboración das estratexias de desenvolvemento rural que afectan a Redondela.


Na xuntanza que se celebra mañá analizaranse entre outras cuestión a situación actual das liñas de desenvolvemento así como os proxectos subvencionables e estratexias a seguir. A reunión, que estará presidida polo concelleiro de Participación Cidadá, Miguel Angel Alvarez Ballesteros, terá lugar ás  20:00 hroas na Casa da Cultura.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: