www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Augas de Galicia limpa o tramo urbano do río Maceiras para evitar inundacións
Sociedade • 30/05/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Con esta actuación que arranca hoxe, a Consellería de Medio Ambiente conclúe os traballos para solventar os danos provocados polas inundacións rexistradas o pasado mes de febreiro. Actuarase nun tramo cunha lonxitude de 200 metros, entre a Avenida de Vigo e a canalización soterrada da calle Salgueiral, e o importe dos traballos supera os 30.000 euros. Augas de Galicia confía en que esta medida evite novos desbordamentos como os acontecidos este inverno e que deixaron o barrio de Vilavella baixo a auga causando importantes danos en comercios, garaxes e vivendas.


A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio inicia hoxe os traballos de retirada de sedimentos no tramo urbano do río Maceiras. Con esta actuación, completaranse e concluiranse os traballos para solucionar os danos provocados polas inundacións rexistradas en febreiro deste ano. A actuación afectará a un tramo de 200 metros e o importe dos traballos supera os 30.000 euros (33.860). Consistirá na retirada de sedimentos retidos no tramo urbano encanelado comprendido entre a Avenida de Vigo e a canalización soterrada da calle Salgueiral (límite a partir do cal comeza o Dominio Publico Marítimo Terrestre).


A retirada de sedimentos neste punto tivo que programarse para estas datas, época de estiaxe, para poder permitir os traballos da maquinaria dentro do canle do río sen perigo para os traballadores.


Consistirán nuns traballos mecanizados dende as beiras con maquina retroexcavadora, nos puntos onde a distancia o permita, co obxecto de minimizar no posible a entrada da maquinaria no leito do río. Ademais, realizarase cunha miniretroexcavadora a retirada do material ao que non se poda acceder dende as marxes. Estes labores estarán coordinados co Concello para evitar as posibles afeccións ao tráfico.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: