www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Decembro de 2018

Redondela distribúe 10.000 folletos turísticos
Cultura • 30/05/2016
Autor: M. X. Queimaliños

As Concellerías de Turismo, Cultura e Ensino van da man na publicación e distribución destes folletos turísticos nos que se propón ao visitantes un roteiro por Redondela que os levará a coñecer os diferentes elementos patrimoniais, artísticos e culturais que conforman o noso concello. Un detallado plano do casco urbano no que hai un total de 24 espazos que serven para guiarnos dende o Convento de Vilavella na entrada da vila ata a Capela de Santa Mariña e a Fonte do Mouro na saída cara Pontevedra.


Os folletos, que serán distribuídos principalmente na Caseta de Turismo na Alameda, están editados en tres idiomas: galego, castelán e inglés co obxecto de facilitar tamén ao visitantes foráneo a súa achega ao noso concello. O edil de Cultura e turismo, Xabier Alonso, salientaba o interese desta publicación "por ofrecer un atractivo paseo polo casco urbano, no que hai sinalizados máis de vinte puntos destacados que permitirá coñecer a historia da nosa vila". Un deseño especialmente coidado e un texto rigorosamente revisados que servirá tamén de recordo para todos aqueles que pasen polo noso concello.


Explicaba o edil que non hai un percorrido predefinido pero si "unha sinalización pormenorizada para is visitando cada un dos elementos existentes, dende o Convento de Vilavella ata A Capela de Santa Mariña. Dáse conta ademais no texto que recolle este folleto da riqueza etnográfica que aínda se conserva: as vivendas dos mariñeiros, as fontes, os canastros, os cruceiros... e incídese en aspectos importantes dos nosos costumes como a festa do Corpus ou Coca de Redondelas, as súas danzas e gastronomía".


Un elemento de información moi necesarios ao non existir a día de hoxe ningunha publicación semellante e no que se recollen referencias a Xan Carallás "fundador de Redondela" e tamén a figura do arqueólogo e folklorista Casto Sampedro, figura elixida por "ser considerado un referente a nivel internacional no estudo dos costumes e a historia de Galicia nacido en Redondela no ano 1848.


A concelleira de ensino, Teresa París, salientaba a importancia destes folletos que permiten tanto aos propios veciños como aos visitantes non perder ningún dos encantos da nosa vila.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: