Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 20 de Agosto de 2018

Listas de espera de máis dunha semana para recibir atención primaria no Centro de Saúde
Política • 30/05/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Esquerda Unida denuncia a situación que se está a vivir nos Centro de Saúde de Redondela, coas ausencias de varios profesionais por baixas ou vacacións que non son substituídas, xerando unha sobresaturación de traballo, molestias para os pacientes e listas de espera dunha semana e máis para acudir ao médico de cabeceira. "Dándose casos de ter que esperar dúas semanas para acudir ao médico de cabeceira, e todo por non contratar médicos substitutos".


Desde EU-PCG consideran que non é de recibo que unha persoa teña que esperar ata 14 días para acudir ao seu médico de cabeceira". O que sucede, segundo explican "é que moita xente opta por acudir por urxencias aínda non tratándose de situacións de verdadeira urxencia , o que sobrecarga de máis traballo ao resto de profesionais que teñen que asumir a atención dos pacientes dos médicos que gozan do seu dereito a vacacións e que non son substituídos. Isto e algo que se ven repetindo nos últimos anos, especialmente no verán, aínda que a situación este ano é aínda peor que os anteriores. O deterioro da sanidade pública é máis que evidente, e máis aínda no nivel máis próximo, na Atención Primaria. Ante esta situación esixen ao goberno municipal que demande do Sergas unha atención sanitaria digna para a veciñanza, facendo presión ante a administración sanitaria (nomeadamente ante a Xerencia da Área Sanitaria de Vigo).


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: