www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 17 de Decembro de 2018

150 patinadores participan no pavillón de A Marisma no campionato escolar de grupos show
Deporte • 27/05/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Un total de 150 patinadores participarán este sábado nunha proba do Campionato galego escolar na modalidade show. Unha actividade organizada dende o club de patinaxe Bolboreta de Redondela en colaboración coa concellería de deportes. As portas para asistir a esta vistosa modalidade deportiva abriranse ás 18:00 horas.


O presidente do club Bolboreta, José Albán, anima aos veciños a asistir para gozar das piruetas dos deportistas na pista pero tamén para achegarse a un deporte cada vez máis espallado e que conta xa no noso concello cun total de 80 patinadores. Nenos e nenas de entre 4 e 17 anos que non dubidan en sacrificar o seu tempo de ocio para adestrar duramente e poder así lograr acceder á competición oficial.


Albán asegura que o club está a vivir un momento de rexurdimento logo de que hai uns meses se cambiara a directiva e se contratasen adestradores para mellorar o rendemento dos patinadores que xa formaban parte do club así como animar a novos deportistas a unirse a esta disciplina.


No campionato escolar deste sábado, participarán un total de 8 clubs (7 da provincia de Pontevedra e un de Ourense) coa presenza da máis de 150 patinadores.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: