www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

Os hostaleiros traballan nunha ruta gastronómica de outono logo do éxito da ruta do pincho
Sociedade • 27/05/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Os hostaleiros de Redondela xunto coa asociación de empresarios estudan ampliar a ruta do pincho a outro período do ano, coa posibilidade de organizar un evento gastronómico de semellantes característica nos meses de outono.  Así o acordaron os integrantes do colectivo logo de reunirse no Convento de Vilavella para dar a coñecer os pinchos gañadores desta edición e que recaeron nos locais Cafetería El Rodeo, Restaurante Casa Mucha e Mesón Alboradas.


Os clientes que participaron na última edición da Ruta do Pincho valoraron especialmente os petiscos preparados por estes locais. Así, o Volcán de arándanos, proposta de Cafetería El Rodeo de Rande foi o pincho máis votado dos 32 locais que participaron nesta edición. En segundo lugar quedou a patela de chipirón encebolado do Restaurante Casa Mucha mentres que o terceiro clasificado foi o Volaván recheo de choco con tetilla do Mesón Alborada.


A organización da ruta do pincho realizou tamén o sorteo entre os clientes participantes resultado premiados David Riobó, Loli Graña Bastos e Severiano Rodríguez Rodríguez.


A Asociación de empresarios valora moi positivamente a participación do evento así como a aplicación móbil, novidade desta edición, e cuxo número de visitas superou as 40.000.


Ante a repercusión e seguimento desta cita, a Asociación estuda a posibilidade de realizar unha ruta de tapas de outono.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: