www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

Difícil viaxe do Castro Chapela a Tolosa
Deporte • 25/05/2016
Autor: Ana Prieto

Os de Fran Teixeira teñen esta fin de semana unha complicada fase de ascenso a División de Honra Prata. Á dificultade de medirse a rivais de gran nivel (Cajasur, Sant Quirze e Tolosa), hai que engadir a incomodidade do longo desprazamento a Euskadi e o elevado custe económico que supón para as arcas do club.


De feito, para aforrar unha noite de hotel, o equipo de Chapela sairá de viaxe mañá xoves ás 20.00 horas. Pasarán a noite no autobús, e chegarán a Tolosa o venres pola mañá, horas antes de disputar o seu primeiro encontro da fase. Manuel González Soto, presidente do club, lamenta "os graves problemas" aos que se enfronta o equipo redondelán polo feito de que a fase se xogue en Euskadi. O presidente defende a gran calidade deportiva do equipo de Fran Teixiera, pero non é "optimista" de cara a poder sacar adiante a fase de ascenso, xa que a todas as trabas deportivas e de desprazamento, engade as arbitrais. O Castro Chapela xa tentou regresar a División de Honra Prata na pasada campaña, sen éxito. Agora volven probar fortuna. Nesta ocasión os rivais son Handbol Sant Quirze, partido que disputa o venres ás 18.30 horas, o Cajasur Córdoba co que se mide o sábado ás 17.00, e o Tolosa Eskubaloia, que exerce de anfitrión, e co que pecha a fase o domingo ás 12.30.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: