Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Pouca asistencia ás aulas na primeira xornada da "reválida" de 3º de Primaria en Redondela
Sociedade • 24/05/2016
Autor: Ana Prieto

As aulas de 3º de Primaria estiveron practicamente baleiras en moitos centros de Redondela. Como acontecera hai dúas semanas coas probas de reválida de 6º, hoxe foron moitas as familias que decidiron non enviar aos seus fillos á avaliación diagnóstica que marca a LOMCE.


A maioría dos alumnos non acudiron á proba de coñecementos do terceiro curso, hoxe centrada en matemáticas e comprensión lingüística tanto de galego como de castelán. No CEIP Outeiro das Penas, de Cesantes, o "boicot" á proba foi secundado polo 94% dos alumnos. O absentismo tamén roldou o 90% no CEIP Santo Paio de Abaixo, en Reboreda. Noutros centros a ausencia de escolares superou o 70%. É o caso do CEIP Santa Mariña, onde faltaron o 73% dos alumnos, no CEIP Alexandre Bóveda, de Chapela, a ausencia chegou ata o 78% do alumnado de terceiro. O absentismo foi menor, aínda que tamén maioritario, nos CEIP de Laredo, en Chapela, e no de Cedeira, en ambos casos o 62% dos alumnos non acudiron ao centro. Como contrapunto, o CEIP Igrexa, de Chapela, tivo a aula de terceiro completa, e os seus 12 alumnos realizaron a proba.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: