www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Redondela súmase á Marcha da dignidade en Lugo
Sociedade • 23/05/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O grupo de apoio de Redondela ás Marchas da Dignidade anima aos veciños a acudir o vindeiro sábado día 28 á marcha que baixo o lema "pan, traballo e teito" quere rodear de dignidade a Muralla de Lugo. Por este motivo, porán a disposición dos veciños autobuses que realizarán o traxecto ata a cidade da muralla por 8 euros ida e volta. Os interesados poden inscribirse e reservar praza no teléfono 645 819245 ou na Discotasca. De todo isto infromarase previamente nunha charla informativa que se celebrará o mércores ás 20:00 horas no Multíusos.


Tres anos despois do inicio das marchas da Dignidade, o colectivo de Redondela continúa mobilizándose e traballando en diversos eidos no camiño de recuperar os dereitos básicos que se perderon ou están en risco dende o inicio da crise. Baixo o lema xenérico e de mínimos "Pan, traballo e teito" recuperan este sábado as protestas cunha marcha que os levará a Lugo co obxecto de "rodear a muralla de dignidade". Un acto simbólico que quere tamén trasladar ao interior de Galicia reivindicacións comúns a toda a comunidade.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: