www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 23 de Outubro de 2018

O Choco organiza un campus de verán orientado a nenos de 3 a 12 anos
Deporte • 19/05/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A actividade desenvolverase entre o 1 e o 29 de xullo con diferentes alternativas que buscan adaptarse ás necesidades de pais e nais que precisan neses período dun espazo no que os seus pequenos poidan gozar de actividades ao aire libre e achegarse a disciplinas que lles reporten os beneficios do deporte así como participar doutras actividades propias do tempo de ocio. As persoas interesadas poden inscribirse a través da empresa Koremi ou directamente nas instalación do Club deportivo Choco. Os prezos oscilan entre os 160 euros o mes completo, 90 euros a quincena e 50 euros que custaría unha semana.


O campus deportivo de verán que organiza o club deportivo choco en colaboración con outras entidades e institucións, entre elas o propio concello, consiste nun campamento urbano orientado a nenos e nenas de entre 3 a 12 anos centrado principalmente no fútbol pero sen deixar de lado outras actividades de lúdicas tales como manualidades, xogos de cooperación, obradoiros, inglés e outras actividades deportivas como vela, remo e tenis.


Un programa que se desenvolverá en horario de mañá de 9:30 a 13:30 nas instalacións do Choco e que se trasladarán ao Centro Recreativo Cultural de Redondela naquelas xornadas nas que o tempo non acompañe.


A data límite de inscrición é o 17 de xuño, unha inscrición e documentación que os interesados deberán entregar nas instalación do C.D. Choco en Avenida Santa Mariña ou por correo electrónico no enderezo koremi@koremi.es


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: