www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

Concerto de Tatán na Praza da Casa da Torre para abrir o Festival de Títeres
Cultura • 16/05/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O concerto, que terá lugar hoxe luns 16 ás 23:00h na Casa da Torre, dará o pistoletazo de saída a toda unha semana chea de teatro de monicreques, na que participarán 26 compañías. Tamén hoxe inaugúrase a exposición "Un festival de portada" ás 20:00h na sala de exposicións do Multiúsos da Xunqueira. Redondela gozará mañá dunha xornada de intensa actividade de rúa co gallo do festivo das Letras Galegas. Ademias da programación titiriteira a música volverá a Casa da Torre coa compañía De Vacas.


A XVII edición do Festival Internacional de Tïteres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) arrancará este luns cun concerto especial a cargo do coñecido titiriteiro Tatán e a súa banda, no que se poderán escoitar a ducia de temas que compoñen o seu CD "Chapeu". Confórmano cancións escritas para contar historias, e que, ao igual que o seu creador, gardan unha grande relación co mundo do teatro e os monicreques. O concerto, que terá lugar ás 23:00h na Casa da Torre, contará cunha formación musical encabezada por Tatán na voz, Pablo Vidal no contrabaixo e a guitarra, Alberto Vilas no piano, Noli Torres na batería, Felipe Castro no saxo, Manu Paino na trompeta e Blanca Francés nos coros.


Na primeira xornada de Festival inaugurarase tamén a exposición "Un festival de portada", no que se recollen os mellores artigos de prensa das 16 edicións anteriores, a través dos cales se poderá seguir a evolución do Festival dende o ano 2000 ata a actualidade, e o seu impacto sociocultural na bisbarra. O acto de presentación será ás 20:00h na sala de exposicións do Multiúsos da Xunqueira e a mostra estará aberta ao público no horario de apertura do recinto ata que remate o Festival.


O martes, 17 de maio,  Redondela encherase  de monicreques e música na completa programación preparada para festexar o Día das Letras Galegas. Máis de 20 representacións teatrais e musicais encherán as rúas e prazas da vila a partir das doce do mediodía.  A programación de sala déixanos mañá ous espectáculos, as 17:00 horas Luppo de Baobab teatro e ás 21:00 horas Mirlo&Rula de Cinema Sticado.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: