www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 18 de Outubro de 2018

Música e poesía na biblioteca de Arcade para homenaxear a Manuel María
Cultura • 16/05/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Un espectáculo de música e poesía celebra esta tarde no salón principal da biblioteca de Soutomaior o Día dás Letras Galegas 2016. A homenaxe a Manuel María, o poeta da Terra Chá terá lugar a partir das 17:00 horas con entrada libre. Martín Camiña e Álvaro Muras presentarán o seu espectáculo "Maxia e música con Manuel María", unha representación músico teatral centrada na obra do autor lucense.


"Maxia e música con Manuel María" ofrece un percorrido a través da vida e a obra do autor mediante composicións musicais propias baseadas no seu poemario. O recital abarcará ritmos tan diferentes como o blues, jazz, funky, fusión. Todo iso acompañado por un espectáculo visual. A representación ten unha duración de 60 minutos e está dirixida a todo tipo de público. Para complementar esta homenaxe, durante as próximas semanas a biblioteca situada en Arcade acollerá unha pequena exposición sobre a vida e obra do autor.


Ademais, e como medida para impulsar a lectura en lingua galega, durante este mes de maio a biblioteca regalará exemplares de libros editados en galego a todos os interesados. Un agasallo que poderán complementar cun marcapáxinas con versos do poeta Manuel María e no que se ve o mural de entrada á biblioteca municipal.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: