www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 24 de Maio de 2018

Educación saca a concurso o IES de Soutomaior por 6,3 millóns
Sociedade • 16/05/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O instituto de Soutomaior está máis preto de converterse nunha realidade tras a licitación onte da súa construción. Educación saca a concurso a execución da obra por un importe de 6.320.432 euros e un prazo de execución previsto de 21 meses. Así, o centro podería abrir as súas portas no curso 2018-2019. As novas instalacións permitirán desconxestionar o institudo Manuel Padín Truiteiro ao albergar a 480 alumnos.

 


A Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria deu onte o primeiro paso para pór en marcha os traballos coa publicación do concurso no DOG.


Segundo indicou a Xunta nunha nota de prensa, "o obxectivo desta actuación é dar resposta ás necesidades crecentes de prazas de escolarización neste municipio, a construción do novo IES contribuirá a desconxestionar o actual CPI Manuel Padín Truiteiro, permitindo que este centro se centre nos cursos de Infantil e Primaria", indicaron desde a Consellería.


O centro terá capacidade para 480 alumnos, con 12 unidades de ESO e 4 de Bacharelato.


O IES dividirase en 3 plantas. Na -1 atoparanse os servizos comúns, como o ximnasio ou a cafetería, mentres que a planta 0 estará destinada ás oficinas administrativas, a biblioteca e á área docente de secundaria. Pola súa parte, a planta 1 acollerá os seminarios e o resto das aulas. O edificio terá unha superficie escalonada, co fin de adaptarse ao terreo cunha solución arquitectónica que optimice ao máximo a construción.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: