www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018

O Campito celebra coa súa afección o título de liga
Deporte • 13/05/2016
Autor: Ana Prieto

O pavillón de Chapela acolle o domingo ás 13.00 horas o último encontro da Liga Galega Sur de Fútbol Sala. Un encontro ao que o Campito chega xa como campión, logo da vitoria a pasada xornada en Gondomar. Reciben ao Mondariz nun partido que será unha festa para xogadores, corpo técnico, directiva e seareiros.


O adestrador, Fran Amoedo, non pode dar detalles dunha celebración que organiza "en segredo" a directiva do club, pero avanza que será "unha festa" na que tentarán despedir a liga cunha vitoria. O técnico sinala que será "o broche de ouro" a unha espléndida temporada da que fai responsables aos seus xogadores. Afirma que "o traballo e o compromiso" do equipo é a "única receita" do seu éxito esta temporada. Agora a súa preocupación é poder consolidar o ascenso á Terceira División. O salto de categoría acadárono por méritos propios na pista, pero precisarán un maior apoio económico para poder facelo realidade. Amoedo confía en que a directiva poida reforzar o club coa achega dalgún patrocinio por parte de empresas privadas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: