www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Outubro de 2018

Concentración protesta ante o Centro de día de Cesantes para reclamar a súa apertura
Política • 13/05/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O BNG de Redondela convoca hoxe venres día 13  ás 20:00 horas, unha concentración de toda a veciñanza do noso concello ante o edificio do centro de día de Cesantes para reclamar a apertura inmediata dun centro que leva máis de seis anos rematado e pechado. Os nacionalistas aseguran que esta situación responde á "falta de vontade política e de sensibilidade humana do goberno da Xunta de Feijoo, coa complicidade do goberno de Javier Bas".


O Centro de Día de Cesantes segue coas súas portas pechadas malia ser un servizo moi demandado pola cidadanía tendo en conta que se trata dun centro asistencias con capacidade de 51 usuarios con 21 prazas de carácter residencial e trinta no centro de día. Uns atrasos na súa apertura que supoñen ademais un deterioro nas instalacións que amosan unha sensación de abandono evidente.


O responsable local do BNG, Anxo Lusquiños, fai un chamamento a participación masiva neste acto reivindicativo por ser "totalmente inadmisible que un concello como Redondela non teña en funcionamento  un centro de día público, mentres asistimos o deterioro destas instalacións".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: