Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

Proxección da película "A memoria dun Pobo" no Multiúsos
Cultura • 13/05/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O auditorio da Xunqueira acolle este domingo ás 12:00 horas a proxección da película documental "A Memoria dun Pobo", un traballo do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy baixo a dirección de Fernando Collazo Carreira (Cuchi). As entradas teñen un prezo de 3 euros e poden retirarse xa na farmacia, lonxa e Centro cultural de Cesantes, así como no Café da Vila.


O documental, no que se recollen as lembranzas e vivencias dos veciños de Cesantes, foi estreado recentemente na Illa de San Simón dentro das actividades organizadas polo Festival Redondela en curto. As entradas esgotáronse para ese pase, motivo polo que se decidiu organizar unha nova proxección que terá lugar este domingo ao mediodía.


O espectador achegarase as experiencias de máis de vinte veciños da parroquia de Cesantes, todos eles maiores de 80 anos, quen narran ante a cámara as súas lembranzas sobre a guerra civil, os anos da fame, a vida cotiá, as experiencias escolares, os xogos e os anos da infancia.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: