www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

Nespereira celebra a XII edición da Festa do Ovo da casa
Cultura • 12/05/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Pratos económicos con produtos de calidade e da casa é a oferta gastronómica que imos atopar nesta festa que se celebra o domingo na parroquia de Pazos de Borbén. Prepararanse unas 2.000 racións con prezos de 4 euros a empanada, seis euros os ovos cocidos con grelos e cinco euros o prato estrela, os ovos fritidos con patacas. Unhas apetitosas racións que se servirán acompañados de viño e pan.


O ovo nas súas diferentes preparacións é o protagonistas desta festa que naceu xa hai doce anos co obxecto de dar a coñecer esta parroquia de Pazos e situala no calendario das citas gastronómicas da bisbarra. Un produtos que gusta a grandes e pequenos sobre todo cando falamos dun produto da casa doado polos propios veciños de Nespereira que ceden tanto os ovos como os grelos e o viño.


Con produtos de máxima calidade elaboraranse os diferentes prazos que se servirán na carpa instalada na parroquia a partir das doce da mañá. Tortilla francesa ou de patacas, empanada de atún con ovo, grelos cocidos con chourizo e dous ovos ou o prato estrela, os ovos fritidos con patacas e chourizo. E de sobremesa, filloas.


Durante toda a xornada haberá música amenizando o lugar e o pregón correrá a cargo de Noelia Otero da TVG. A festa estará amenizada polo grupo estelar.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: