Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Silvia Varela imparte no Multiúsos unha charla sobre o sedentarismo e as súas consecuencias
Deporte • 12/05/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Enmarcada dentro do programa "Forma-T, Prepara-T" da Concellería de Deportes, esta última charla desenvolverase o venres 13 ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira con presenza da Profesora da Universidade de Vigo e doutora en Ciencias da actividade física e deporte, Silvia Varela Martínez, quen falará sobre o Deporte saudable. Esta charla vai enfocada a todos os colectivos inmersos no deporte, pero sobre todo aqueles que queren facer deporte, independentemente da súa idade ou condicións.


O sedentarismo converteuse nos últimos anos nun dos principais factores de risco vinculados a enfermidades non transmisibles. A inactividade física xunto cunha alimentación inadecuada, relacionase con patoloxías de tipo cardiovascular, diabete, osteoporose ou obesidade. Manter un estilo de vida activo debería ser un dos principais obxectivos en todas as etapas da vida. A calquera idade pódese gozar dos diferentes beneficios que a práctica regular da actividade física proporciona. Coñecer que tipo de actividade é a mais recomendable para cada un deles, como debe realizarse ou a que intensidade, son aspectos fundamentais para facer do exercicio físico unha experiencia segura, saudable e positiva para todos.


Destas cuestións falará este venres Silvia Varela Martínez, nunha charla que leva pro títuloa "Pola túa saúde, móvete".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: