www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

Choco de Redondela e viño de Ribeiro
Sociedade • 5/05/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A carpa que albergará aos 30.000 asistentes que se espera pasen por Redondela esta fin de semana para gozar da XXX festa do Choco está xa preparada no campo da feira. Unha carpa na que se instalarán seis postos de hostalaría nos que se servirá ao redor de 2.000 kilos de choco. Un produto que conta coa garantía de proceder da enseada de San Simón. Para acompañar servirase un ribeiro, nas súas variantes de tinto ou branco.


O programa da XXX Festa do Choco inclúe degustación deste produto en diferentes pratos, na súa tinta, con arroz, á prancha con cachelos, con ameixas ou á mariñeira. Tamén as tradicionais empanadas de trigo e millo.


O patrón maior, Clemente Bastos, insiste na calidade do produto que se vai despachar na carpa xa instalada "hai un compromiso por parte dos hostaleiros a servir choco da enseada, un choco de calidade que non ten competencia". Con estas iniciativas queren promover o produto entre os visitantes pero insisten tamén na necesidade de que os propios redondeláns esixan que o produto que merquen sexa de Redondela "temos que vender máis na nosa vila, porque actualmente case todo o choco que capturamos vaise para restaurantes de fóra principalmente de Madrid e Barcelona". Apuntaba tamén o patrón maior que no referente ás capturas todo apunta a que será este un ano que mellorará os datos do 2015.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: