www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

Redondela recupera a senda da creación do emprego
Sociedade • 5/05/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O mes de abril volveu deixar un dato positivo en cando ao número de desempregados cun descenso no paro rexistrado de 54 persoas menos respecto ao mes anterior en Redondela. No resto da bisbarra as cifras mantéñense estables, con 748 persoas en paro en Soutomaior, 397 en Pazos de Borbén e 196 en Fornelos.


A finais do pasado mes eran 2.396 as persoas inscritas nas listas do servizo de emprego segundo o datos publicados onte pola Consellería de emprego, 54 persoas menos que no mes anterior. Un descenso que mellora os datos cos que arrancamos o ano pero que tampouco supón un respiro nun mercado laboral no que as variacións son mínimas, xa sexa á baixa ou á alza. De feito no resto dos concello que conforman a comarca o mes de abril non supuxo practicamente variación, en Fornelos de Montes e Pazos de Borbén atoparon emprego 3 persoas en cada un dos concellos, con 196 e 397 desempregados respectivamente. Non hai cambio na estatística que manexa o concello de Soutomaior, localidade na que o número de desempregados mantense en 748 persoas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: