www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018

O concello inviste 42.000 euros na reparación da cuberta e a fachada do mercado de Chapela
Institucional • 3/05/2016
Autor: M. X. Queimaliños

As obras consistirán no cambio de placas de fibrocemento e tella xunto coa substitución de canalóns e baixantes. Na fachada tamén se levará a cabo unha actuación que consistirá no arrexuntado dos muros de cantería. O importe da actuación ascende a 42.000 euros que serán financiados con cargo ao orzamento do concello.


Con esta actuación a concellería de mercados quere solucionar os problemas de filtracións que estaban a sufrir os praceiros co obxecto de que poidan traballar nun entorno cómodo e sen problemas de humidades.


O Concelleiro Jesús Crespo tamén contempla nos próximos días unha actuación na praza de cambio de luminarias xa que as existentes desprenden calor e poden prexudicar ao produto fresco. Faranse probas con distintos tipos de luminarias para ver cal se adapta mellor ao lugar e se instalará un ventilador para de que cara ao verán non faga tanto calor e haxa ventilación dentro da praza.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: