www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018

19 maios dan a benvida á primavera
Cultura • 29/04/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Redondela logra multiplicar o número de participantes incrementando a axuda económica que se lle concede a cada agrupación. Nesta edición hai inscritos un total de 19 maios, nove máis que o ano pasado. Unhas figuras vexetais que se poderán ver o domingo día 1 xa a partir das once da mañá na Alameda, lugar no que permanecerán ata que se dean a coñecer aos premiados, e cuxos integrantes subirán ao palco instalado na praza do concello para cantar e interpretar as súas coplas.


Os 19 maios participantes disputaranse os premios de cada categoría dotados con 200, 150 e 100 euros para o primeiro, segundo e terceiro clasificado nas categorías de coplas e interpretación. Tamén haberá tres premios para as tres mellores composicións en maio artístico e maio tradicional.


Un incremento no número de agrupacións inscritas máis que notable, tendo en conta que o pasado ano houbo tan só 10 participantes. A novidade principal incluída nas bases que regulan esta edición é un aumento notable na cantidade económica que recibirá cada maio por participar, xa que mentres en anos anteriores se lles axudaba con 30 euros, nesta edición esa contía increm´netase ata os 80.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: