Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

Beatriu Guarro ofrece unha charla sobre as persoas refuxiadas en Redondela
Sociedade • 26/04/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Dentro da campaña "Tod@s podemos ser refuxiadas", o Grupo Redondelán de apoio ás persoas refuxiadas organiza unha charla debate sobre a situación do refuxiados e a resposta dada polas institucións da Unión Europea. O acto terá lugar o próximo día 27 de abril, mércores, a partir das 20:00 horas na Casa da Cultura de Redondela e correrá a cargo da catalá Beatriu Guarro, voceira da Plataforma Stop Mare Mortum.


A plataforma Stop Mare Mortum nace en Catalunya en abril de 2015 despois da morte de 900 persoas nun naufraxio nas costas de Sicilia coa intención de promover un cambio nas políticas de inmigración europea. Os principio básicos desta plataforma son a denuncia pública, a información, a organización de accións de protesta e proposta de alternativas a esta situación.


A súa voceira é Beatriu Guarro i Picart, profesora emérita de filoloxía catalá da Universidade de Barcelona, quen realizará diversas charlas por Galiza (Redondela, Vigo e Santiago) grazas á iniciativa do GRAPER e á coordinación con diversas organizacións galegas.


O Grupo Redondelán de Apoio ás Persoas Refuxiadas, continuará con actos e accións destinadas a sensibilizar, información e loitar pola dignidade das persoas refuxiadas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: