www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 11 de Decembro de 2018

Críticas do BNG aos requisitos de contratación de novo persoal municipal
Política • 26/04/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Os nacionalistas critican que non se teña en conta a experiencia á hora de puntuar a aquelas persoas que se presenten ás novas prazas de persoal laboral e funcionario que vén de convocar o concello de Redondela. Concretamente, e tal e como vén recollido no Boletín Oficial da Provincia do pasado venres, a oferta contempla a contratación dun oficial carpinteiro, un auxiliar administrativo, un técnico de igualdade, un técnico de normalización lingüística, un oficial de medio ambiente e un operario de limpeza. En todos os casos convócase unha oposición libre desoíndo as demandas sindicais que reclamaban un concurso-oposición.


O voceiro do BNG, Xoán Carlos González, afirma que "o alcalde actúa a capricho" na convocatoria de prazas públicas xa que en contra do defendido e negociado coa representación sindical "Javier Bas asina unha convocatoria na que se obvian os dereitos adquiridos durante anos".


O alcalde de Redondela, apostou por convocar unha oposición libre, malia o criterio en contra dos sindicatos, e tamén do BNG. "Coincidimos co prantexamento feito polos sindicatos", sinala o concelleiro nacionalista quen considera que " unha convocatoria na que non se teña en conta a experiencia acumulada por determinados traballadores e traballadoras, que teñen posto a calidade dos servizos a un nivel dificilmente equiparábel, vai en contra do propio prestixio do Concello".


Destaca o papel desempeñado por dúas técnicas de xeito interino nos últimos anos, nos departamentos de " Normalización Lingüística e no de Igualdade". "Trátase de persoal altamente cualificado, con compromiso co seu traballo, en áreas de tanta relevanza como as da de posta en valor do noso idioma e da igualdade de xénero. Salienta Xoán Carlos González o papel da "Técnica de Normalización Lingüística, quen mesmo ten asumido practicamente a responsabilidade de elaborar a Programación Cultural, da que tanto fachendea Javier Bas".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: