Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Dobre triunfo de Chapela no Campionato Galego de Bateis disputado na Pobra
Deporte • 25/04/2016
Autor: Ana Prieto

O club redondelán fíxose coas bandeiras nas categorías promesa feminino e xuvenil masculino, e acadou tamén a prata na absoluta feminina. As tres embarcacións conseguiron a clasificación para participar no Campionato de España que se disputa esta fin de semana en Teis.


As finais do Campionato de Galicia de Bateis disputáronse onte na Pobra do Caramiñal, adxudicándose o C.R. Chapela dúas bandeiras, en promesa feminino e xuvenil masculino, e C.R. Cabo da Cruz as de absoluto feminino e infantil masculino. O resto de bandeiras repartíronse do seguinte xeito: Vila de Cangas (xuvenil feminino), Rianxo (cadete masculino) e Meira (absoluto masculino). As regatas desenvolvéronse con forte vento no porto da Pobra do Caramiñal, con cinco equipos en cada unha das finais, logo das eliminatorias celebradas o sábado. A xornada comezou coa proba de promesas feminina, na que Chapela e Vilaxoán abriron un apertado duelo que as redondelás levaron ao seu terreo na última recta. A final de xuvenil feminino estivo dominada por Vila de Cangas, que non tivo demasiados problemas para plantarse na meta en primeiro lugar. Na categoría absoluta feminina, Chapela e Cabo da Cruz impuxeron un ritmo forte, seguidas de Mecos, pero nos últimos metros gañaron as coruñesas, con menos dun segundo sobre a embarcación de Chapela. A final de infantil masculino foi unha loita de poder entre Cabo e Rianxo que se dediciu sobre a liña de meta cos de Cabo por diante con 65 centésimas de vantaxe sobre Rianxo. En cadetes masculino os mozos de Rianxo dominaron con claridade ante Amegrove, que foi segundo. Na final xuvenil masculina o barco de Chapela impúxose nunha difícil final ante Cabana-Ferrol e Cabo da Cruz, levando o título case sobre a liña de meta con apenas un segundo de marxe sobre Cabana-Ferrol e terceiro Cabo. E a final absoluta masculina os remeiros de Meira anotáronse unha admirable vitoria, seguidos de Tirán. Agora o tres primeiros clasificados de cada categoría gañaron o pase para estar a próximo fin de semana no Campionato de España de Bateis que se celebrará en Vigo, en augas das instalacións da antiga E.T.E.A., en Teis.


Resultados: Promesa feminino: 1. Chapela, 4.41:15; 2. Vilaxoán, 4.45:44; 3. Esteirana, 4.53:41; 4. N.Riveira, 4.54:94; 5. Cabo Cruz, 5.00:88. Xuvenil feminino: 1. Vila de Cangas, 9.59:59; 2. Cabana-Ferrol, 10.08:28; 3. Cabo Cruz, 10.18:00; 4. Náutico Riveira, 10.19:44; 5. Tirán, 10.53:56. Absoluto feminino: 1. Cabo Cruz, 9.39:59; 2. Chapela, 9.40:22; 3. Mecos, 9.45:38; 4. Tirán, 9.56:41; 5. Cabana-Ferrol, 10.21:00. Infantil masculino: 1. Cabo Cruz, 4.33:34; 2. Rianxo, 4.33:97; 3. Bueu, 4.42:62; 4. Robaleira, 4.43:59; 5. Vilaxoán, 4.49:50. Cadete masculino: 1. Rianxo, 6.43:09; 2. Amegrove, 6.51:00; 3. Cabo Cruz, 6.57:28; 4. Virxe Guía, 6.58:28; 5. Perillo, 7.38:09. Xuvenil masculino: 1. Chapela, 8.49:53; 2. Cabana-Ferrol, 8.50:75; 3. Cabo Cruz, 8.57:03; 4. N.Riveira, 9.06:75; 5. Tirán, 9.22:47. Absoluto masculino: 1. Meira, 8.22:41; 2. Tirán, 8.28:75; 3. Cedeira, 8.35:91; 4. Cabo Cruz, 8.37:78; 5. Moaña, 8.53:31.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: