www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

O Concello suspende a Sesión golfa na Discotasca "por non reunir o local as condicións necesarias"
Cultura • 22/04/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A proxección de curtametraxes que debía desenvolverse na media noite de hoxe na sala Discotasca queda definitivamente suspendida. Así o confirmou nos nosos micrófonos o concelleiro de interior Arturo González quen atribúe esta decisión do concello "ante a necesidade de garantir a seguridade dos espectadores e dado que este local non reúne as condicións necesarias para realizar este evento"  enmarcado dentro da programación do Redondela en curto.


Explicaba o edil que os servizos xurídicos e técnicos do concello son unánimes á hora de apoiar a cancelación deste evento ao non reunir o local "as condicións de seguridade e aforo que serían precisas para realizar este tipo de actividade". Engade que a proposta do concello pasa por trasladar a proxección ao Multiúsos pero que "é decisión do director artístico do festival aceptar esa proposta ou suspender a actividade".


Unha sala a Disoctasca que xa en anos anteriores adoitaba albergar actividades paralelas dentro do Festival Redondela en curto. González explica que a diferenza respecto desta edición é que agora "é o propio Concello quen organiza o festival". Apunta tamén que a normativa é máis estrita dende os tráxicos acontecementos do Madrid Arena.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: