www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 20 de Outubro de 2018

Os equipos femininos da SAR e Chapela reciben unha subvención de 15.000 euros
Deporte • 20/04/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A Fundación Deporte Galego financia con 15.000 euros dous convenios do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia asinados con dous equipos de Redondela. Concretamente os beneficiados son os equipos femininos da Sociedade Atlética de Redondela SAR así como o C.D. Balonmán Chapela Feminino quen recibirán 14.971,41 e 15.239,47 euros respectivamente.


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado polo director territorial de Abanca en Vigo, Jorge Martínez Martínez, formalizou 36 convenios do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia 2015/2016 da Fundación Deporte Galego, correspondentes aos equipos de Vigo e a súa área de influencia.


Entre os beneficiados atópanse os equipos femininos de balonmán tanto da SAR como do Club de Chapela quen recibirán practicamente 15.000 euros cada un.


Todos os equipos patrocinados teñen en común contar con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel en modalidades deportivas nas que a competición de máximo nivel desenvólvese na categoría absoluta en sistema de liga regular á que se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría, e/ou sistema de ránking/clasificación por equipos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: