www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

A orquestra de saxos agradece o apoio do público e de Moncho Borrajo para financiar a xira europea
Cultura • 19/04/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Os dous concertos que se celebraron o domingo no Multiúsos da Xunqueira colgaron o cartel de non hai entradas. Uns espectáculos conxuntos da Orquestra de Saxos e o cómico e dramaturgo Moncho Borrajo que serven para recadar fondos e poder financiar a xira europea que no vindeiro mes de maio levará á formación redondelá a Holanda e Alemania, países nos que ofrecerán diversos concertos.


O éxito da gala que se vivía na tarde noite do domingo en Redondela leva á Orquestra de Saxos a comprometerse en seguir colaborando activamente con Moncho Borrajo, quen de xeito desinteresado participaba desta iniciativa para recadar fondos que permitan a formación redondelá financiar a xira europea que iniciarán o vindeiro 5 de maio.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: