www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

O Choco no pasa do empate ante o Barco
Deporte • 18/04/2016
Autor: Ana Prieto

Os de Marcos Montes sumaron só un punto e baixan ata a cuarta praza, pero manteñen a distancia co seu rival directo pola fase de ascenso, que está a seis puntos. E xó quedan catro xornadas. Na Segunda Autonómica o Choco B impúxose ao Alcabre, e o Chapela perdeu co Santa Mariña.


Terceira División



Choco 0-0 Barco


O Choco suma a quinta xornada consecutiva sen gañar pero logrou un novo empate, o terceiro consecutivo, importante nesta ocasión por facelo ante un rival directo na loita polo play off de ascenso. O Barco queda xa a seis puntos dos redondeláns con só catro xornadas por disputarse. Pero o máis sorprendente é que o encontro rematara sen goles, logo de que os dous combinados dispuxeran de numerosas ocasións. O equipo de Redondela tratou de facer o seu habitual xogo ofensivo ante un rival moi ordenado, que conseguiu deter todas as ofensivas dos de Montes. O resto de resultados favoreceron tamén ao Choco. O Rápido de Bouzas, que aínda ten que medirse á formación de Redondela, perdeu ante o Arousa (5-2). Desta forma, unha das principais ameazas do conxunto de Redondela queda a sete puntos. Moi lonxe para un Choco que, ademais de medirse aos vigueses, afrontará un calendario alcanzable ante Ridabumia, Barbadás e Silva.


Choco: Cortegoso, Yago Vázquez, Muíños, Suso, Gándara, Alberto Suárez, Comis (Fernán, min. 83), Xosé Ramón (Fernando, min. 70), Silva (Óscar Pérez, min. 62), Hugo, Félix.


Barco: Marcos Macía, Arce, Chamas, Adil (De Deus, min. 65), Pablo Álvarez (Ramos, min. 89), Rubén García (Brais, min. 75), Javi Recamán, Broaja, Rodrigo, David Álvarez, Diego Tato.


Árbitro: Daniel García Lesta. Expulsou por dobre cartolina amarela a Gándara (min. 89), do Choco. Amoestou a Comis e Adil.


Segunda Autonómica



Alcabre 1-2 Choco


O filial do Choco impúxose aos vigueses, e mantén a cuarta praza. Na próxima xornada recibirá ao Pereiró, situado na parte baixa da táboa


Santa Mariña 2-0 Chapela


Os de Cotogrande fixéronse co partido, cun gol en cada tempo, e levaron todo o peso do xogo. O Chapela é agora 11º, e o domingo terá un encontro moi complicado porque recibe ao líder, o intratable San Miguel.


Terceira Autonómica



Cesantes 7-2 Presqueiras


Os redondeláns foron moi superiores no último partido de liga, e xa na primeira metade anotaron os 7 goles. Con todo, no pasan da 10ª praza, na que rematan o campionato.


Atl. Vilar 2-0 San Juan


Os redondeláns impuxéronse ao San Juan sen demasiados problemas, e manteñen a 3ª praza do grupo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: