Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Agosto de 2018

Racing de Chapela, premio do deporte galego ao mellor equipo de deportistas con discapacidade
Deporte • 15/04/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Teresa Portela e Gómez Noya fixéronse cos galardóns aos mellores deportistas galegos sendo recoñecidos tamén Susana Rodríguez e Martín De la Puente Riobo como mellores deportistas con discapacidade. Entre as 17 categorías que establecen estes galardóns cos que se recoñecen os máis destacados axentes do ámbito deportivo galego, coláronse tamén nesta edición os atletas do Racing de Chapela, club que recibe o premio ao mellor equipo de deportistas con discapacidade.


O secretario xeral para o Deporte e presidente do xurado dos Premios do Deporte Galego, José Ramón Lete Lasa, fixo público o fallo destes galardóns na súa edición 2015.


Uns premios que recoñecen publicamente os máis destacados axentes do ámbito deportivo galego. As propostas de candidaturas ás 17 categorías existentes formuláronse por entidades deportivas, concellos e outros organismos e entidades públicas e privadas relacionadas coa actividade física e co deporte galego. "Como todos os anos, as decisións foron difíciles. O nivel do noso deporte é incuestionable: só hai que mirar os galardoados, e o traballo e esforzo que se atopa detrás de cada un dos seus méritos", apuntou o secretario xeral.


O acto de entrega dos premios terá lugar o vindeiro 12 de maio no Teatro Principal de Ourense.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: