www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 20 de Setembro de 2018

O PSOE denuncia que operarios municipais traballan nun camiño privado de Reboreda
Política • 14/04/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A actuación ordenada pola concelleira de vías e obras, Mª José Barciela tería consistido segundo os socialistas na colocación de varios postes de luz. Aseguran ademais que non se trata dun feito illado "xa que operarios do concello terían tamén asfaltado con anterioridade un camiño privado na parroquia de Cedeira".


O camiño, no que os operarios municipais terían colocado varios postes de luz seguindo as instrución da concelleira de Vías e obras, é "un camiño privado da parroquia de Reboreda que posúe varias cancelas e postes delimitando o terreo que van dar ao Camiño Varredoira de titularidade público". Segundo os socialistas "comprobamos no catastro do concello a titularidade privada do camiño, así como testemuñamos en persoa a obra realizada por operarios do concello".


Para os socialistas non se trata dun feito illado xa que non hai tempo "o goberno municipal do PP tamén ordenou a operarios municipais asfaltar un camiño privado da parroquia de Cedeira ata a entrada da casa do devandito camiño".


Unhas accións que para os socialistas "son propias de aptitudes caciquís, enviando traballadores do concello a arranxar camiños privados cando moitos camiños públicos se atopan nunha situación lamentable pola falta de mantemento polo que esiximos responsabilidades no asunto".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: