Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

O programa Radio Polorri na Radio Municipal recupera a historia musical de Redondela
Cultura • 11/04/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Un grupo de veciños amantes da música decidiron poñen en marcha este programa de radio co obxecto de recuperar toda a música que agrupacións e solistas locais foron creando ao longo das últimas décadas. O programa "Radio Polorri. A canción de Xan Carallás" emitirase todos os sábados na medianoite e os luns as 22:00 horas. Para quecer motores durante toda esta semana celebrarán actividades nos soportais do concello en horario de 18:00 a 20:00 horas e o venres 15 organizan unha festa concerto na Discoteca Diva.


"Contar a historia da música de Redondela, dos seus grupos e solistas, quen gravou o primeiro disco, o primeiro vinilo, viaxar con eles no tempo e nos recordos" así define este programa un dos seus presentadores, o actor e titiriteiro Miguel Borines, quen xunto con Ana Area será o encargado semanalmente de achegar aos ouvintes a través da Radio Municipal (94.9 e www.radioredondela.com) esa intensa historia musical que os leva a poñerse en contacto con formacións do mais dispares. Detrás dos micros estarán tamén Varo Gil, Pedro "Bola" o Fon Decón, entre outros.


Programas algúns gravados no estudio de Radio Redondela e outros moitos en bares ou incluso en domicilios particulares polos que pasarán Salomón, Suso Ben, 3bajo Cero, Tok. La Gripe... e así ata completar os 15 programas que conforman esta primeira tempada de Radio Polorri.


Saltando dos anos sesenta e setenta ata publicacións tan recentes como os discos gravados por Tatán ou Alberto Vilas, o programa deixa de lado a cronoloxía para presentar "unha divertida viaxe pola música e os artistas locais" que ademais continuará en vindeiras tempadas.


A primeira emisión de Radio Polorri poderá seguirse na medianoite do sábado 16 no dial da Radio Municipal de Redondela, pero durante toda a semana organizan diferentes actividades de promoción que durante a semana centraranse nos soportais do concello en horario de 18:00 a 20 horas. O venres convidan a todos os que o desexen a unha festa concerto na discoteca Diva.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: