www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

Roteiro medioambiental polos muíños da Canicouba en Soutomaior
Cultura • 7/04/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Soutomaior a través da Concellería de Educación organiza un programa de "Roteiros Medioambientais" no que se inclúen diferentes roteiros de sendeirismo cos que se pretende fomentar a participación veciñal en actividades de educación medioambiental e de coñecemento e respecto do entorno natural do municipio. Neste programa enmárcase un roteiro polos muíños do concello que se organiza para este domingo día 10.


Os participantes atoparanse ás 10:15 horas no Multiusos de Arcade e dende alí partirán cara os muíños da Canicouba. O traxecto consistirá nun percorrido circula de 7 quilómetros guiado por unha monitora titulada e especializada na temática quen achegará infromación e material de apoio aos asistentes. Durante as tres horas aproximadas de percorrido, os participantes ademais de achegarse aos muíños da Canicouba coñecerán outras representación patrimoniais da zona.


A participación nesta actividade é de balde e as prazas están limitadas, tendo preferencia as persoas empadroadas no municipio.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: