www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

López Veiga comprométese a nivelar a zona de atraque no peirao de Chapela
Institucional • 6/04/2016
Autor: Lorena Otero

A Autoridade Portuaria iniciará os traballos nos vindeiros días, segundo llo trasladou onte o novo presidente do organismo Enrique López Veiga ao alcalde de Redondela, Javier Bas. Esta actuación, xa comprometida polo seu predecesor ao fronte da Autoridade Portuaria, responde a unha demanda dos bateeiros da zona e consistirá no nivelado da rampla, cun recheo, e a colocación das pedras que se atopan caídas ou soltas.


Dende o goberno local explican que as obras se iniciarán en próxima datas e consistirá na eliminación do desnivel na zona de atraque. O obxecto da actuación é dar resposta ás demandas dos bateeiros e facilitar así o seu traballo, xa que "a situación actual dificulta o descargue do produto".


O proxecto contempla o nivelado da costa cun recheo e a colocación das pedras que se atopan caídas ou soltas no peirao.


O Concello de Redondela e a Autoridade Portuaria tamén traballarán para a recuperación da zona interior do peirao de atraque, co obxectivo de manter a auga no seu interior aínda que baixe a marea e crear unha piscina natural que poida ser empregada polos bañistas e visitantes como un novo atractivo turístico da parroquia.


López Veiga visitaba o noso concello acompañado da Directora da Autoridade Portuaria, Beatriz Colunga.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: