www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 26 de Maio de 2018

O Brinca Vai de Paco Nogueiras chega a Arcade
Cultura • 5/04/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A biblioteca municipal de Soutomaior celebra esta semana o Día Internacional do Libro Infantil con diferentes actividades orientadas ao público máis novo. Así, hoxe martes organizan unha sesión de teatro coa compañía Los Tres Tenedores quen actuarán para o público escolar. O xoves organizan unha actividade aberta a partir das 17:00 horas co músico e actor Paco Nogueiras.


A Biblioteca Municipal de Soutomaior organiza hoxe martes unha nova sesión de teatro infantil á que asistirán máis de 300 alumnos de centros escolares locais. A representación comezará ás 12 da mañá e terá unha duración estimada dunha hora.


A programación cultural da Biblioteca Luís Seoane continúa esta semana con outra sesión de teatro infantil, na que, o xoves a partir das 17:00 horas, o actor Paco Nogueiras interpretará a súa obra Brinca Vai! De aquí a acolá, destinada ao público infantil e familiar.


O espectáculo, con entrada de balde, consiste nun concerto obradoiro baseado no libro "Brinca vai!" publicado pola editorial Kalandraka. Unha proposta de animación con música, humor e moito enxeño e creatividade, onde os nenos realizarán unha viaxe ao longo dos meses do ano achegándose ás tradicións, a natureza, aos xogos e ás festas populares do país.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: