www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 10 de Decembro de 2018

Redondela amosa a súa solidariedade cos refuxiados mobilizándose e facendo doazóns
Sociedade • 1/04/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Ao redor de trescentas persoas, incluídos representantes de todos os grupos políticos, concentráronse na xornada de onte diante do concello en solidariedade coas persoas refuxiadas e en contra das políticas europeas á hora de abordar esta crise humanitaria. Unha xornada na que arrancaba a campaña de recollida de material organizada pro un grupo de veciños en colaboración coa ONG Alhambra. Na xornada de note recolléronse máis de 50 caixas de produtos hixiénicos e de botiquín así como material infantil, chuvasqueiros e botas. A recollida continuará hoxe venres entre as 18:00 e as 20:00 horas e mañá sábado de 12:00 a 14:00 horas nos soportais do concello.


No transcurso da concentración de onte líase un manifesto en contras das políticas europeas cos refuxiados. Fran Román de MSF era o encargado de poñer voz a ese texto. Unha actividade organizada polo grupo de apoio ás persoas refuxiadas, colectivo que trasladou tamén ao pleno unha moción na que se pedía o apoio de todos os grupos para amosar o rexeitamento de Redondela ao acordo "ilegal e inhumano" asinado entre a Unión Europea e Turquía que supón devolver a este pais, sen garantía humanitarias, a todos os refuxiados que cheguen a Europa. Unha moción que foi aprobada por unanimidade e que inclúe tamén como acto simbólico colocar unha faixa no edificio do concello co texto "Todos/as podemos ser refuxiados/as".


Non houbo enfrontamento pero si  críticas por parte dos grupos da oposición porque meses atrás aprobárase tamén en pleno unha moción de apoio aos refuxiados que non se trasladou a ningún tipo de actividade "unha vez máis é a sociedade civil a que vai por diante dos gobernos".


A popular Carmen Amoedo, contestou ás críticas lembrando que hai xa consignada unha partida de 15.000 euros para investir naquelas actuacións que se formulen. Lembrou que Redondela púxose a disposición da Fegamp para mobilizar fondos e recursos "pero non temos ningún inconvinte en dirixir estes cartos e esforzos a calquera outra entidade ou asociación consideremos máis axeitado".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: