www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018

Música e humor con Moncho Borrajo e a Orquestra de saxos de Redondela
Cultura • 30/03/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O Multiusos de Redondela acolle o domingo día 17 de abril un espectáculo da man do coñecido cómico, dramaturgo e pintor Moncho Borrajo e a Orquestra de Saxos de Redondela. Unha actuación que se celebra por vez primeira e que ten xerado gran expectación polo que xa hai programadas dúas sesións para esa xornada, unha ás 18:00 horas e outra ás 20:30.


As entradas poden retirarse no Café da Vila, no Multiúsos de Redondela, no Bar Rivas ou no propio conservatorio a un prezo de 12 euros. Os interesados que non poidan desprazarse a estes puntos de venta tamén poderán adquirilas enviando un correo electrónico ao mail orquestadesaxos@hotmail.com.


Este será o último concerto da Orquestra de saxos na vila antes de iniciar a súa xira europea prevista para o mes de maio,  e fano da man de Moncho Borrajo, quen colabora coa formación actuando desinteresadamente. De feito, todo o recadado nos concertos do vindeiro 17 de abril será destinado a sufragar os gastos que a orquestra debe afrontar para financiar a súa viaxe por Europa.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: