www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

Aberto o prazo para participar na feira de artesanía da Festa do Choco
Cultura • 30/03/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Como actividade paralela á festa gastronómica, a Alameda de Redondela acollerá durante os días 7 e 8 de maio a venda de produtos de artesanía. As persoas interesadas en participar deberán presentar unha solicitude ante do 8 de abril no rexistro xeral do Concello. Poderán participar neste mercadiño aqueles vendedores que ofrezan obxectos realizados de xeito artesanal así como obxectos de uso doméstico aos que lle impriman un selo persoal, quedando excluídos da venda os produtos alimenticios.


O número máximo de autorizacións será de 30 sendo a adxudicación do posto establecida de acordo á data de ingreso da solicitude. Os feirantes deberán abonar 21 euros en concepto de taxa de ocupación da vía pública.


Toda a información así como o impreso a presentar pode atoparse na páxina www.redondela.es


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: