Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

O C.R. Chapela suma unha nova bandeira na categoría feminina en Marín
Deporte • 28/03/2016
Autor: Ana Prieto

Moi disputada a IV Bandeira Concello de Marín de Bateis, onde se impuxeron nunha apertada puntuación Chapela, na categoría feminina, e Mecos na masculina. A Bandeira de Bateis Lavanova prevista para o sábado no Grove suspendeuse polas condicións meteorolóxicas.


As mozas do Club Remo Chapela adxudicáronse a bandeira feminina ao sumar 21 puntos con dúas vitorias e un terceiro posto, por diante de Tirán con 17 puntos, e Vila de Cangas con 11. Pero na categoría masculina houbo un triplo empate entre Mecos, Vilaxoán e Chapela con 17 puntos, polo que o campión nesta categoría houbo que decidilo recorrendo ás vitorias e clasificacións de cada un. Ao final entre os tres, proclamouse campión o Club Remo Mecos. As vitorias foron moi repartidas e só Chapela repetiu triunfo gañando en promesas e absolutas femininas; as demais leváronas as embarcacións de Vila de Cangas en xuvenil feminino, e nas categorías masculinas o primeiro posto foi para Mecos en infantil, Vilaxoán en cadete, Samertolaméu en xuvenil e Moaña na absoluta.


Promesa feminino: 1.- Chapela, 4.26:69; 2.- Samertolaméu, 4.35:41; 3.- Tirán, 4.40:31.- Xuvenil feminino: 1.- Vila Cangas, 9.36:82; 2.- Tirán, 9.48:91; 3.- Chapela, 10.03:91.- Absoluto feminino: 1.- Chapela, 9.20:61; 2.- Tirán, 9.40:25; 3.- Coruxo, 9.55:40.- Infantil masculino: 1.- Mecos, 4.27:64; 2.- Bueu, 4.31:24; 3.- Robaleira, 4.38:49.- Cadete masculino: 1.- Vilaxoán, 6.38:82; 2.- Vila Cangas, 6.55:73; 3.- Amegrove, 6.59:95.- Xuvenil masculino: 1.- Samertolaméu, 8.49:27; 2.- Chapela, 9.03:55; 3.- Tirán, 9.05:82.- Absoluto masculino: 1.- Moaña-A, 8.11:69; 2.- Moaña-B, 8.26:89; 3.- Chapela, 8.38:75.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: