www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 23 de Outubro de 2018

O Choco cae ao terceiro posto
Deporte • 28/03/2016
Autor: Ana Prieto

A derrota en Cerceda leva aos de Marcos Montes a perder un posto na clasificación, os redondeláns ceden a segunda praza ao seu adversario na táboa e agora son terceiros. E terán que seguir pelexando polos postos de cabeza o domingo en Santa Mariña, xa que reciben ao Deportivo B.


Terceira División


Cerceda 3-0 Choco


O conxunto coruñés adiantouse pasada a media hora de xogo e Abelenda, ao fío do descanso, fixo o segundo. O Choco non puido remontar no segundo acto, malia que estivo os últimos 30 minutos en superioridade numérica tras a expulsión do xogador local Agulló. Os locais foron superiores, e só na primeira media hora de xogo o choque houbo pelexa, cun par de oportunidades para cada equipo. Logo chegaría o gol do Cerceda. No minuto 33, Alex Ares asistiu a Uzal e Abelenda en área e, entre os dous, fiaron para que Abelenda marcase. O Choco non tivo capacidade de reacción, porque aos 10 minutos chegou o segundo gol. Agulló asistiu ben a Uzal e ampliaba a vantaxe. Na segunda metade, cando o árbitro puña orde dentro da área no medio dun tumulto, Agulló foi expulsado con vermella directa. Pero os de Marcos Montes non sacaron proveito da superioridade numérica, e o Cerceda mesmo ampliou a renda cun gol de Ares nunha internada en solitario. O Choco terá que recuperar a súa mellor forma para a próxima xornada, cando reciba ao Deportivo B, que é cuarto.


Cerceda: Marcos Valín; Noé, Angeriz, Marcos Caridade (Bilal, min.84), Popi; Agulló, Edu; Abel (Selecta, min.53), Álex Ares, Uzal; Abelenda (Juan, min.72).


Choco: Cortegoso; Yago Vázquez, Muíños, Suso, Gándara; Fernando (Xosé, min.34), Berto Suárez; Comis (Fernán, min.66), Hugo, Félix (Ricar, min.82); Óscar.


Goles: 1-0, min.34: Uzal. 2-0, min. 44: Abelenda. 3-0, min.83: Álex Ares.


Árbitro: Casanova Cudeiro. Expulsou a Agulló (min.61), do Cerceda, con vermella directa. Amarela a Noé, Uzal; Gándara e Ricar.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: