Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 20 de Agosto de 2018

Vai de bechos! contacontos con Charo Pita
Cultura • 28/03/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A sala infantil da biblioteca de Redondela acolle este mércores ás 18:00 horas un contacontos orientado a nenos a partir dos 4 anos de idade. Unha actividade a cargo de Charo Pita que serve para conmemorar o Día do Libro infantil. En Chapela esta celebración posponse ao 8 de abril cun contacontos orientado a nenos de 0 a 3 anos a cargo de Pavís Pavós.


Un león, un rato, un sapoconcho, un elefante, unha mosca... Centos de animais poboan as historias, os poemas, as adiviñas e as cancións. Animais,feras,bestas, bechocos e demais bechos, grandes e pequenos, perigosos ou inofensivos, astutos ou inxenuos, serán os protagonistas desta sesión de contos e poemas a cargo de Charo Pita en conmemoración do Día do Libro Infantil


Tamén para conmemorar esta data en Chapela celebran o vindeiro venres 8 de abril outras sesión de contacontos orientada a nenos de 0 a 3 anos e que impartirá Pavís Pavós. Neste caso para participar si é preciso inscribirse na biblioteca, xa que as prazas son limitadas.


Os interesados, poderán facer a súa inscrición na biblioteca, por teléfono, chamando ao 986-454-226 ou por correo electrónico, no enderezo bibliotecachapela@redondela.es


Neste último caso terán que achegar o nome do rapaz/a, a idade, se son socios da biblioteca e os seus datos de contacto.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: