www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Setembro de 2018

Feo! De Caramuxo teatro pecha o ciclo infantil Teatro Cativo
Cultura • 23/03/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Teatro para toda a familia este domingo día 27 coa representación da obra Feo! A cargo da compañía Caramuxo teatro no multiúsos da Xunqueira ás 18:00 horas. Unha comedia para nenos a partir de tres anos baseada no conto O Parrulo feo de Hans Cristian Andersen. As entrada teñen un prezo de 5 euros o público en xeral, 3 euros os nenos.


Tamén esta fin de semana hai a posibilidade de achegarse ao cine dentro do programa que organiza a concellería da muller e que achega ao local da asociación de veciños de Cesantes a película Begin Again. A proxección terá lugar este sábado ás 16:30 horas e a continuación terá lugar unha charla coloquio para intercambiar impresións entre os asistentes.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: