www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 23 de Outubro de 2018

Anxo Lusquiños Lopez elixido novo responsable local do BNG en Redondela
Política • 18/03/2016
Autor: M. X. Queimaliños

Veciño da parroquia do Viso, militante dende ó ano 2010 e número 3 da lista nacionalista nas pasadas eleccións municipais, Lusquiños substitúe no cargo a Xabier Balsas. O novo responsable local márcase como obxectivo "dar un pulo a organización local e achegar a máis persoas a participar da actividade política local dende o dialogo e a ilusión".


Neste sentido, amosa a disposición da organización local do bloque "a recibir propostas, suxestións, denuncias e todo aquilo que dende os distintos colectivos e da veciñanza en xeral nos queiran facer chegar".


Lusquiños fai un chamamento a que "o conxunto da cidadanía se achegue a nosa formación nesta nova andaina que comezamos para formar parte deste proxecto de país que representa o BNG,  un proxecto nacionalista, un proxecto amplo ao servizo do pais e da súa xente".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: