www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Xuño de 2018

Cine en Cidadelle e charla sobre saúde en Redondela na programación da Muller
Cultura • 17/03/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A sede da asociación de Cidadelle en Chapela acolle esta tarde unha nova sesión de videoforum enmarcada dentro do programa que organiza a Concellería da muller e igualdade de dentro do mes de marzo. Será coa película "Te con Mussolini" ás 16:30 horas e a continuación terá lugar unha pequena charla debate na que os asistentes poderán confrontar as súas opinións sobre a proxección.


Teresa París salientaba tamén as charlas sobre saúde e coidados que se impartirá mañá venres día 18 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira na que profesionais médicos abordarán cuestións relacionadas coa saúde da muller, os métodos anticonceptivos e os cambios que as mulleres experimentan dende a súa entrada na idade fértil ata a menopausa.


Ademais durante todo o mes poderase visitar, ata o día 17 no Multiúsos da Xunqueira e ata finais de mes en Chapela unha exposición na que se fai un percorrido por diferentes asociacións de mulleres que funcionan ou funcionaron en Redondela e se salienta tamén o traballo dalgunhas redondelás que destacaron en diferentes campos.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: