www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Setembro de 2018

O Castro Chapela é líder en solitario
Deporte • 14/03/2016
Autor: Ana Prieto

Os pupilos de Fran Teixiera impuxéronse ao Granitos, o que sumado á derrota do Calvo Xiria deixa aos de Chapela na cabeza da táboa. A SAR Plastic Omnium tamén asinou un triunfo en Poio, na pista do pechacancelas do grupo.


Primeira Nacional


Granitos 21- 24 Construcións Castro Chapela


Liderado en solitario para os de Teixeira, que manteñen o obxectivo de clasificarse para a fase de ascenso. Na próxima xornada reciben ao Ártabro, situado no pozo da clasificación.


Poio Artai 21-28 SAR Plastic Omnium


Importante vitoria para a Sar Plastic Omnium na súa visita onte ao Poio Artai. Os de Carlos Rey mantéñense no ecuador da táboa, e a próxima xornada terán que enfrontarse a un duro rival. Reciben ao Atl. Novás, terceiro do grupo.


División de Honra Prata Feminina



SAR Rodavigo 24-33 Carballal


As pupilas de "Chini" non foron quen de seguir o ritmo do Carballal, que segue moi forte esta temporada en postos de cabeza. A SAR, na oitava praza, terá tamén unha saída moi complicada esta fin de semana, visitan a pista do líder, o BM. Mavi.


Xixón-Rodosa Chapela- partido aprazado, disputarase o 9 de abril.


A próxima xornada reciben ao Zonzamas, situado un posto por riba das de Chapela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: