Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 17 de Agosto de 2018

O C.R. Chapela reina en Arealonga
Deporte • 14/03/2016
Autor: Ana Prieto

O C.R. Chapela impúxose con autoridade na VIII Bandeira "Do Porvir" que premiaba ao mellor equipo na regata con vitorias en Promesa, Xuvenil Feminina e Xuvenil Masculino e postos de honra para os Sénior masculino e feminino. Unha importante vitoria que completa a extraordinaria fin de semana coas dúas bandeiras Concello de Redondela de Bateis.


Xornada de tempo primaveral onte en Chapela, coa celebración da Bandeira "Do Porvir" Memorial Obdulio Iglesias "Odilo". A proba, organizada polo C.R. Chapela, contou con boa asistencia de público e case totalidade dos equipos da provincia, aos que se sumaron Cabo de Cruz de Boiro coma invitados da zona norte. Nas categorías femininas dúas vitorias e un terceiro posto para as embarcacións de Chapela. As Promesas do equipo redondelán adiantaron a Vilaxoán por menos dun un segundo mentres que o equipo Xuvenil venceu a Vila de Cangas por catro segundos. As Absolutas foron terceiras por detrás de Mecos e Tirán. Nas categoríaias masculinas, Mecos impúxose en Infantil por diante de Robaleira e Vilaxoán. Nos Cadetes gañou Meira. E nos Xuvenís vitoria para o C.R. Chapela, mentres que en Sénior foron terceiros por detrás de Meira e Moaña.


Resultados: Promesa (f): 1. Chapela, 5.10:18; 2. Vilaxoán, 5.10:95; 3. Samertolaméu, 5.12:78; 4. Cabo Cruz, 5.27:94; 5. Tirán, 5.29:22. Xuvenil (f): 1. Chapela, 10.37:43; 2. Vila de Cangas, 10.41:25; 3. Cabo Cruz, 11.03:62; 4. Tirán, 11.24:80. Absoluta (f): 1. Mecos, 10.12:66; 2. Tirán, 10.28:47; 3. Chapela, 10.28:90; 4. Cabo Cruz-A, 10.29:44; 5. Cabo Cruz-B, 10.35:54. Infantil: 1. Mecos, 4.56:77; 2. Robaleira, 5.02:39; 3.Vilaxoán, 5.02:87; 4. Cabo Cruz, 5.09:54; 5. Bueu, 5.18:93. Cadete: 1. Samertolaméu, 7.26:53; 2. Vila Cangas, 7.27:20; 3. Cabo Cruz, 7.32:33; 4. Vilaxoán, 7.32:65; 5. Amegrove, 7.33:99. Xuvenil: 1. Chapela, 9.11:11; 2. Mecos, 9.23:64; 3. Samertolaméu, 9.28:70; 4. Náutico Boiro, 9.37:06; 5. Tirán, 9.41:62. Absoluto: 1. Samertolaméu, 8.55:28; 2. Moaña, 8.55:55; 3. Chapela, 9.07:41; 4. Mecos, 9.09:95; 5. Samertolaméu, 9.13:94.


XX Bandeira Concello de Redondela


Chapela e Vilaxoán gañaron por partida dobre, e o resto de vitorias estiveron moi repartidas na XX Bandeira Concello de Redondela de Bateis, disputada o sábado en augas de Arealonga , fronte ao paseo de Cardona. Na categoría Promesa feminina, vitoria de Chapela. Na categoría Xuvenil triunfo claro das atletas do Club Vila de Cangas, co seu terceiro triunfo consecutivo. E na categoría Absoluta impuxéronse as mozas de Mecos, en dura loita deportiva coas anfitrioas de Chapela. En masculino os Infantís de Vilaxoán volveron ao triunfo e gañaron con claridade, triunfo que repetiron en Cadetes. En Xuvenil triunfo de Chapela, pero moi apertado por Samertolaméu, e na categoría Absoluta o campión foi Samertolaméu-A, que gañou con claridade.


Resultados: Promesa feminino: 1. Chapela, 5.03:08; 2. Amegrove, 5.04:16; 3. Tirán, 5.11:64. Xuvenil feminino: 1. Vila de Cangas, 10.41:44; 2. Chapela, 10.53:17; 3. Tirán, 11.25:40. Absoluta feminina: 1. Mecos, 10.23:74; 2. Chapela, 10.24:72; 3. Tirán, 10.44:09. Infantil masculino: 1. Vilaxoán, 5.07:51; 2. Mecos, 5.12:72; 3. Robaleira, 5.23:78. Cadete masculino: 1. Vilaxoán, 7.24:15; 2. Vila de Cangas, 7.25:25; 3. Virxe dá Guía, 7.32:89. Xuvenil masculino: 1. Chapela, 9.41:59; 2. Samertolaméu, 9.42:49; 3. Tirán, 9.49:09. Absoluto masculino: 1. Samertolaméu, 9.06:37; 2. Samertolaméu, 9.20:03; 3. Mecos, 9.23:13.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: