www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Decembro de 2018

Versións actuais e temas clásicos coa Orquestra de Saxos
Cultura • 11/03/2016
Autor: M. X. Queimaliños

A orquestra de saxos de Redondela organiza hoxe venres 11 ás 20:30 horas no multiusos da Xunqueira un concerto no que estará acompañada no escenarios por diferentes solistas que interpretarán temas actuación e versións de temas clásicos e música galega. Un concerto que lles sirve para presentar a xira que os vai levar a percorrer diferentes cidades europeas co gallo da recente publicación do seu último traballo "Camiña Don Saxo".


"Orquestra de saxos and friends" é o título do concerto que conta coa colaboración de solistas instrumentais como o saxofonista Felipe Castro ou o trompetista e director José Pérez ou solistas vocais como Alfonso Branco "Garabillo", Emma Díaz ou Andrea Rei e que terá lugar esta tarde ás 20:30 horas no Multiúsos.


A formación redondelá quere agradecer as numerosas colaboracións que lles fixeron chegar numerosos comerciantes, empresarios e persoas anónimos de Redondela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: