www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

Acto solidario a favor de Jairo en Fornelos
Sociedade • 11/03/2016
Autor: M. X. Queimaliños

O concello de Fornelos acolle un acto solidario o vindeiro domingo día 13 para axudar a Jairo, un neno de Ponteareas que precisa de tratamento para superar as graves secuelas deixadas por un derrame cerebral que sufriu aos catro meses. O evento está organizado por Artesanía Fonrnelense e no mesmo están previstas diferentes actividades ao longo de toda a xornada: charlas, actuacións musicais, maxia así como sorteos e subastas de agasallos doados por diferentes colectivos.


Jairo é un neno de Ponteareas que precisa dun tratamento pioneiro con células nai para paliar as secuelas que padece a consecuencia dun derrame cerebral. Para poder custear este tratamento un grupo de mulleres de Fornelos organizan este domingo unha xornada solidaria que se celebrará no Multiusos da localidade e na que desenvolverán diferentes actividades que arrancará ás doce do mediodía coa apertura dos postos de artesanía que colaboran nesta edición.


Celebrarase tamén unha macro recollida de tapóns, sorteos e actividade lúdicas, así como charlas que abordarán cuestións diversas. Así, as 13:00 horas Isabel Pregal, presidenta e fundadora da Federación Internacional de Coaching Educativo Familiar impartirá unha conferencia sobre a intelixencia emocional e pola tarde os integrantes da Asociación Refuterapia falarán de terapia con cans que teñen en marcha no Refuxio de animais de Cambados.


Antes de finalizar a xornada está previsto o sorteo dos agasallos doados por numerosos artesáns, particulares como Inma Galego, que desde A Golada enviaron oito sacos de tapóns; as ceas ofrecidas por locais de Ponte Caldelas, Fornelos e Vigo; vales de barbaría, clases de zumba, sesións fotográficas e as caixas de viño doadas por varias adegas da provincia. Ademais, tamén orquestras como a París de Noia contribúe con CDs asinados, o mesmo que a artista noiesa Mar de Vila ou o humorista Carlos Branco, entre outros moitos benefactores anónimos que quixeron colaborar neste acto solidario.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: